180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro


"Din que non falan as plantas, nin as fontes, nin os paxaros,
nin a onda cos seus rumores, nin co seu brillo os astros,
dino, pero non é certo, pois sempre cando eu paso,
de min murmuran e exclaman:
-Aí vai a tola soñando"

En las orillas del Sar, 1884

Meiga Nova, metade anxo, metade marisco.

Este venres,
27 de Xaneiro, ás 18:00 h.
  Unha homenaxe a Maruja Mallo
na Biblioteca Pública de Pontevedra
"Antonio Odriozola",
celebrando o Día da Ilustración 2017.



"...tiña algo de feiticeiro no que facía 
e era como unha meiga recente 
que baixaba do Norte despois de compor as cores 
nas olas de barro da súa misteriosa cociña da aldea".

Ramón Gómez de la Serna (Maruja Mallo, Editorial Trifolium).


Bo Nadal e próspero Aninovo 2017


                              Hai unha parede esfolada que agarda
                              unha revolta irmandiña.
                              Hai un verso silandeiro nunha libraría 
                              de San Telmo que ten azos de voar.
                              Hai unha mesta néboa que asolaga
                              o monte e esconde fermosas bestas.
                              Entre os debuxos de Castelao, hai un detalle
                              no que aínda non reparamos.
                              Hai un suco espiral nunha pedra que merece
                              o seu conto, hai unha científica galega que 
                              merece o seu canto.

                               Porque a felicidade é repetir,
                               repetir o que fixemos este 2016,
                               e facelo convosco no 2017.
                               Moitas grazas!

                               Bo Nadal 
                               e próspero Aninovo 2017.


Pintural Mural "A Irmandade Fusquenlla", Pontedeume.


Intervención artística no Local de Ensaio de Pontedeume.


Resultado final na parte frontal do Local de Ensaio.




A IRMANDADE FUSQUENLLA liderada por Roi Xordo, rebelouse no ano 1431
en Pontedeume contra os abusos da nobreza perpetrados por Nuno Freire o Mao.
Foi o inicio das Revoltas Irmandiñas, da xente humilde que se negou a ser asoballada.
O seu exemplo perdura aínda hoxe como demostración da forza do pobo 
perante a inxustiza.

Polo Correo do Vento, 2016.

                 

Pintura Mural en Pontedeume, seleccionada no concurso que realizou 
a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol xunto
 coa Xunta de Galicia a través da Axencia de Turismo de Galicia.




Resultado final na parte lateral do Local de Ensaio.



A Irmandade Fusquenlla, con Roi Xordo á fronte,
asediando o Castelo de Andrade, en Pontedeume. 



Mulleres bravas guiando ao pobo na primeira Revolta Irmandiña,
en Pontedeume. Avante Irmandade Fusquenlla


"A parede pintada ao fresco ten como misión 
dar a coñecer ao pobo a súa historia."
 Luís Seoane.


100 anos da chegada a Galicia de Federico G. Lorca.


Un 26 de outubro, hai cen anos, Federico chegaba a Galicia a quedar para sempre. Aquel rapaz andaluz marcharía e volvería unhas cantas veces, e agasallaríanos a todos coa súa amizade e cun poemario en galego. Non se pode entregar máis.

Un Ronsel de Ardora. Ángeles Alvariño. 3/10/2016.

Hoxe, cúmprense 100 anos do nacemento
 da científica galega Ángeles Alvariño.

Polo Correo do Vento, colectivo especializado na realización de actividades lúdicas dirixidas ao público máis novo co fin de promover a lectura, a creatividade e a comprensión oral en galego, quere comezar coa publicación infantil dunha pequena biografía sobre a ilustre oceanógrafa, como primeiro volume dunha colección dedicada ás mulleres galegas, editada por LELA Edicións.


Un Ronsel de Ardora
Pequena biografía de Ángeles Alvariño

Enrique Mauricio e Carlos Taboada, Polo Correo do Vento SC.
A partir de 6 anos. Idioma galego.

Sinopse

María de los Ángeles Alvariño ( Serantes, Ferrol 1916- San Diego 2005) foi unha científica galega de recoñecemento internacional. Os seus traballos tiveron especial relevancia e aplicación na oceanografía e na bioloxía mariña. Descubriu 22 especies novas de organismos mariños, participou en diversas expedicións científicas  e escribiu case un cento de artigos sobre diferentes materias relacionadas co mundo oceánico que a apaixoaba. Nas súas palabras, hai que: “levar ao nenos e nenas á magnífica catedral natural, con paseos polo campo, praias e forestas…”
Esta pequena biografía, primeiro volume da colección "Mulleres galegas", trata de achegar ao público máis novo a vida e a obra da científica galega. Os seus autores son os fundadores do colectivo Polo Correo do Vento (www.polocorreodovento.gal), especializado en actividades infantís.
ISBN 978-84-946043-0-0
Colección: 
Mulleres galegas 1
Ilustracións: cor 32 páxinas
Editorial: Lela Edicións
TipoloxíaInfantil/Xuvenil

Rosa, a aloitadora de Sabucedo.


Hoxe, venres, contaremos e debuxaremos 
a historia de Rosa, 
a aloitadora de Sabucedo.

Ás 18:00 h
na Biblioteca Pública de Pontevedra.



Petra, artista da Idade do Bronce e guía turística.

Preme na imaxe para ampliala.
Hoxe presentamos a 
Petra,
a artista da Idade do Bronce


Da súa man viaxaremos, de xeito lúdico, pola magnífica
colección de arte rupestre que albergan os concellos de Pontevedra,Poio, Marín, Vilaboa, Cotobade, 
Ponte Caldelase Campo Lameiro.

A exposición completarase con multitude de opcións
para os amantes da natureza: sendeiros, carballeiras,
praias, solpores... que nos agardan 
nunha contorna chea de recantos de
 beleza incomparable.

Agardámosvos!


Ángeles Álvariño no Museo Massó, en Bueu.

Un Conto Ilustrado Oceánico 
sobre a científica galega, Ángeles Alvariño,
que tes que vir a escoitar e debuxar 
no Museo Massó, en Bueu.
O xoves 11 de agosto, ás 12:00 h.

Obradoiro de camisetas! Homenaxe a Castelao!


No 2016, cúmprense cento trinta anos do nacemento en Rianxo de Alfonso Rodríguez  Castelaoe tamén cen dende a súa chegada e namoramento sempiterno da cidade de Pontevedra.


Por iso, preparamos estas actividades de Contos Ilustrados e
Obradoiros de deseño de Camisetas con REI ZENTOLO!

Comezamos este venres na 

Casa Museo Valle-Inclán
en Vilanova de Arousa,
ás 18:00 h!



Debuxando a Castelao na camiseta Rei Zentolo

Dúas mostas do obradoiro de Camisetas Rei Zentolo no Ano Castelao


Levaredes unha camiseta reizentolo feita por vós!

Do que aconteceu no Canellón do Gato, en Tui!


Con motivo da celebración do 150 aniversario 
do nacemento de Ramón María del Valle-Inclán,
realizaremos unha actividade de contos e debuxos
na Biblioteca Pública Municipal de Tui.
O venres 17 de xuño
ás 18:00 h.
Vai ser esperpéntico!

A Banda Deseñada como ferramenta de transformación


Obradoiro A Banda Deseñada como ferramenta de transformación:

Viñetas conscientes “Dominicanas Somos” da man de Polo Correo do Vento.
Terá lugar na Casa da Luz o día 9 de xuño ás 18:00 h.


Trátase dun obradoiro de iniciación a técnicas de debuxo e guionización dun cómic tomando como referencia a experiencia dos autores coa cooperación na República Dominicana e a realización da BD "Dominicanas somos ". Porase en práctica a creación de personaxes, a elaboración do guión técnico e literario e tentaremos crear unha pequena historia e debuxala.



Actividade a partir de 15 anos e necesidade de inscrición previa ata o 6 de xuño no mail organizacion@agareso.org




Esta actividade forma parte da "Semana da Des-Igualdade Global e a Cooperación"
organizada polas ONGDs Asemblea de Cooperación pola Paz e a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios, do 6 ao 11 de xuño en Pontevedra, onde trataremos de pór en valor a Cooperación como ferramenta de transformación social a nivel mundial. Temos programadas unha batería de 25 actividades para todas as idades que de luns a sábado irán promovendo esta reflexión conxunta a través de obradoiros lúdicos,proxeccións de documentais, debates, charlas, actividades de rúa, exposicións fotográficas, concertos…

Se queredes máis información, comunicádevos con nós ou seguídenos nas redes. Evento facebook:https://www.facebook.com/events/1718715168412155/


Descargade Dominicanas Somos aquí: 

Día das Letras Galegas para Manuel María!!



Bando


Prohíbese, por orde da Alcaldía,
que medren porque sí
as rosas do xardín municipal.

Dende agora as pombas teñen

que pedir licencia pra voar.
Prohíbeselle á lúa que anda tola
andar ceiba no ceo.
Que a lúa é unha tola que anda espida
e dando mal exemplo …

Están fora da Lei

a Primavera,
as flores e os carballos,
as estrelas, os peixes e os paxaros.

Dende agora as pombas teñen

que pedir licencia pra voar.
Pagarán polos trabucos os poetas.
Prohíbese soñar …
Prohíbese tamén derramar bágoas.
e pódese chorar …
e pódese chorar cando hai sequía
pra que enchan os pantanos.

Dende agora as pombas teñen

que pedir licencia pra voar.
E un só se pode emocionar
os Xoves e os Domingos
cando toca, cando toca
a Banda do Concello
a Banda do Concello no quiosco.

E un só se pode emocionar

os Xoves e os Domingos
cando toca, cando toca
a Banda do Concello
a Banda do Concello no quiosco.

Dase este bando en tal e cuale

pra que se cumpra de orde do Alcalde.
Firmado e rubricado.

Manuel María, Documentos persoais, 1958.

«Autores e autoras galegos na Arxentina»

Volvemos a Buenos Aires! 

Coas maletas cheas de contos e debuxos,... 
prolongando esa ledicia que é


«Autores e autoras galegos na Arxentina» 

organizada pola Fundación El Libro, 
será a nosa actividade que terá lugar na 
o próximo mércores 27 de abril, ás 19:00 h. 

Velaquí tedes dúas versións do «afiche»
 que fixemos para a ocasión! 




A Revolución baixo o mar

"A Revolución baixo o mar",
unha historia de amor e Revolución,
que veñen sendo a mesma cousa!

na Feira do Libro de Pontevedra,
o venres 8 de abril,
organizado pola 
Biblioteca de Pontevedra
na Praza da Ferrería!